Asesoramento Fiscal e Contable

A través do departamento fiscal e contable, y de maneira personalizada, en AEMPE realizamos accións de asesoramento aos nosos asociados, tanto en materia contable como na tramitación de impostos.

O noso departamento fiscal e contable ofrece accións de asesoramento a todas as entidades afiliadas, tanto en materia contable como na tramitación de impostos. De maneira adicional este departamento apoia as pimes en diversas materias relacionadas coa problemática económica e financieira, sobre todo na área fiscal, en relación con temas tributarios, poñendo a disposición dos empresarios a documentación necesaria.

Asesoramento Xurídico e Laboral

O departamento xurídico de AEMPE centra os seus servizos no asesoramento personalizado aos asociados nas múltiples y diversas cuestións laborais e xurídicas que se lles plantean no desenvolvemento da sua actividad comercial e industrial.

Contamos cun equipo técnico especializado en diversos campos (Dereito Laboral, Dereito Civil-mercantil, Dereito Administrativo), sendo as consultas máis demandadas ao longo dos anos aquelas relativas en materias de arrendamento urbán, dereito de propiedade, consumo, lei de comercio e todas as que conciernen as relacións laborais que vinculan ao empresario e traballador no exercicio dos sus respectivos cometidos y responsabilidades.

Outros Servizos

Busca de axudas

En AEMPE contamos cun departamento encargado de orientar, informar e asesorar ao asociado acerca das posibilidades de obter financiación, a través do estudo de diferentes axudas e subvencións relacionadas con actuacións levadas a cabo no ámbito empresarial.

Asesoramento a emprendedores

En AEMPE apoiamos os proxectos emprendedores que confían en nós e que contribúen unha solución de futuro para seguir creando emprego. A asociación conta para iso con profesionais que ofrecen asesoramento sobre trámites administrativos, fiscais, contables, subvencións, formas xurídicas, recursos financeiros… Tanto a persoas interesadas en poñer en marcha un proxecto empresarial como a empresarios que queren iniciar novas liñas de negocio.

Bolsa de emprego

Desde AEMPE preténdese exercer de ligazón entre os membros da Asociación de Empresarios que oferten emprego e os cidadáns desempregados. Para iso dispoñemos dunha Bolsa de Emprego na que se mostran os datos das empresas que ofrecen traballo así como as características dos postos ofertados, podendo enviar as súas candidaturas aquelas persoas interesadas no posto ofertado.

Orientación Laboral

Somos un centro asociado ao Servizo Público de Emprego de Galicia dende o ano 1998 realizando proyectos de orientación laboral. Como servizo asociado, o noso labor consiste en informar os demandantes de emprego sobre o seu potencial laboral, ofrecéndolle un abanico de ofertas formativas para facilitar a sua inserción no mundo laboral. Orientamos e informamos aos demandantes de emprego, compatibilizando a demanda da persoa coa oferta existente e ofrecendo un sistema áxil de información que permita coñecer ás persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

Servizo telemático

A través da nosa web, os asociados poderán acceder á área privada e gozar de servizos coma información onde se mostran comunicados a asociados, boletíns, circulares, xornadas e encontros; acceso a unha base de datos das empresas asociadas para así poder realizar contactos ou intercambios comerciais; bolsas de emprego onde se mostran as difererentes ofertas de emprego…

Outros servizos

Confección de formularios, información e aplicación do IVE, xestións para selección de persoal, cursos de formación a empresarios, cursos de formación continua e a desempregados, xornadas informativas sobre temas de actualidade empresarial, conferencias, campañas de publicidade empresarial e comercial, firmas de convenios en beneficio dos asociados, Servizo Galego de Colocación…