In Novas

PonteLovers, a plataforma que reinicia Pontevedra é unha iniciativa da Concellería de Promoción Económica de Pontevedra.

A plataforma PonteLovers é unha ferramenta que será usada para, na medida que sexa posible, recuperar a normalidade da rúa, axudar á cidade de Pontevedra a recuperar a normalidade, o pulso habitual da rúa, saír desta traumática experiencia reforzados e máis concienciados de que xuntos e unidos imos conseguir superar esta crise sanitaria, económica e social, e ser mellores.

Estamos convidando ás persoas que están frente a pequenas empresas da cidade a participar grabando un vídeo e enviando unha mensaxe ás persoas coas que comparten as rúas de Pontevedra.

Participar é fácil, nesta fase a colaboración é mediante a gravación dun vídeo de 20 segundos aproximadamente no que lanzas a túa mensaxje á cidade de Pontevedra, éste é teu e pode ser o que tí queiras, só pedimos que o tono sexa positivo. É unha oportunidade única para que desde o teu negocio contactes con toda a cidade. Manda o vídeo cando o teñas a este correo: recuperapontevedra@gmail.com

A difusión da campaña en redes socias farase a través de Facebook, Instagram e Twitter.

Recent Posts