In Novas

Debido á rapidez na evolución da situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo coronavirus, o Ministerio de Fomento cambiou algunhas das normas vixentes.

Publícase no BOE a Orde TMA/278/2020, do 24 de marzo, pola que se establecen certas condicións aos servizos de mobilidade, en orde á protección de persoas, bens e lugares. Concretamente modifícase o artigo 3.4 da Orde TMA/254/2020, do 18 de marzo, pola que se ditan instrucións en materia de transporte por estrada e aéreo, que queda redactado da seguinte forma:

«O transporte público, privado complementario e particular de persoas en vehículos de ata nove prazas, incluído o condutor, levado a cabo no marco dos supostos de desprazamento autorizados no artigo 7 * do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, nos que deba viaxar máis dunha persoa no vehículo, respectará que vaia como máximo unha persoa por cada fila de asentos, manténdose a maior distancia posible entre os ocupantes.»

* O art. 7 do RD 463 refírese a:

  • Adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.
  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.
  • Desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Calquera outra actividade de análoga natureza que haberá de facerse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade ou por outra causa xustificada.

Para máis información, consulte a páxina boe.es

Recent Posts