In Novas

A patronal CEOE- Cepyme reclamou ao Goberno medidas de liquidez para empresarios e autónomos, entre elas a suspensión do pago de cotizacións, o aprazamento ou fraccionamento tributario automático e unha liña de avais públicos que facilite o crédito ás empresas para evitar a súa quebra.

De fronte ao novo paquete de medidas económicas que o Consello de Ministros aprobará o martes para amortecer o impacto económico do estado de alarma pola crise do coronavirus, os empresarios piden tamén que as administracións abonen de inmediato aos seus provedores as facturas pendentes e as que reciban, sen esgotar os prazos que fixa a lei de morosidade, e que se aceleren as devolucións tributarias pendentes.

Ante a situación especialmente difícil en que se atopa o colectivo dos autónomos, ademais da suspensión das cotizacións sociais, a CEOE demanda o abono das baixas desde o primeiro día e a articulación dunha prestación por cesamento a cargo dun fondo extraordinario.

Considera así mesmo que o Goberno debe contemplar o acceso á protección por desemprego dos traballadores sen esixir período de carencia e sen prexuízo do recoñecemento de futuras prestacións por desemprego.

Nesa liña, lembra a medidas urxentes de índole laboral que recolle o acordo subscrito entre empresarios e sindicatos, en especial a simplificación e axilización dos procedementos nos expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) con efecto retroactivo e o recoñecemento en situacións como o actual estado de alarma dunha forza maior para a súa presentación.

Facilitar a realización do teletraballo, entendendo por cumprida a obrigación das empresas de avaliar os riscos coa autoavaliación realizada polo propio traballador, é outra das medidas que demandan os empresarios, que expresaron nun comunicado o seu apoio ao Goberno, os equipos sanitarios e as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dos territorios na loita contra o COVID-19.

FONTE: expansion.com

Podes leer o comunicado completo aquí

Recent Posts