In Axenda
Programa Networking AEMPE "Os novos camiños do emprendemento"

O vindeiro sábado 21 de setembro terá lugar ás 9:30 o Almorzo Networking » Os novos camiños do emprendemento».

Nesta actividade organizada por AEMPE, AJE Pontevedra e Cámara de Comercio, os asistentes poderán coñecer os novos retos do emprendemento, cunhas píldoras formativas da man de Marcelo Toural «O marketing móvil que ven para quedarse» e Diana Fernández «A internacionalización das PEMES e micro-pemes como panca de crecemento»:

Marcelo Toural (Krack Zapaterías): Marcelo Toural é CEO de Krack Co, un grupo galego que xestiona preto de 50 tendas de calzado das insignias Krack, Bross, Geox, Clarks e Pikolinos, e a tenda online krackonline.com. Así mesmo, é socio fundador da firma de consultoría G3M Operational Consulting – especializada na mellora e optimización de operacións e vendas en empresas -, e de tupsicologateescucha.es, unha web de atención psicolóxica domiciliaria.

Marcelo Toural, que ao longo da súa traxectoria profesional traballou en compañías multinacionais como Atos Consulting, Accenture e Roberto Verino, é Enxeñeiro Industrial pola Universidade de Vigo, Executive-MBA polo Instituto de Empresa, Posgrao en Loxística pola Universidade de Vigo e o Centro Español de Loxística, Posgrao en Xestión e Control de Calidade pola UNED/UNED e Coach Certificado por ICC.

Actualmente, compaxina o seu traballo coa docencia en diferentes cursos e máster en diferentes institucións (Escola de Enxeñeiros Industriais de Vigo, Facultade de Empresariais de Vigo, Escola de Enxeñeiros Industriais de Ferrol, P&A, Adecco Training…).

Diana Fernandez Soutullo: Competente en internacionalización de empresas e especialista en dereito das TIC, tecnoloxías da información e comunicación, protección de datos, propiedade intelectual e industrial. Apaixonada pola internacionalización exitosa das empresas. No últimos cinco anos, implantou sociedades con éxito en máis de 30 países (Quenia, Kazahstan, Portugal, Dubai, Australia…). Traballou para o sector público en materia de sanidade e para o sector privado no sector do turismo de saúde e do mundo dixital internacional. Boa comunicadora. Domina o inglés, o francés e o portugués, e fai os seus primeiros pasos en alemán.

Ademáis, durante o almorzo terá lugar unha mesa redonda na que se resolverán dúbidas e cuestións de interese dos asistentes.

O evento realizarase na Plaza de España (espacio central) e terá una duración aproximada de hora e media.

Para asistir, cubra o seguinte formulario de inscrición.

Formulario de inscrición

  • Más información e inscripciones:

    986 86 63 76
    aempe@aempe.com
  • Este campo es un campo de validación y debe quedar sin cambios.
Recent Posts
convenio de AEMPE con Galicia Business School