en Axenda

Os próximos días 13 e 14 de xuño celébrase en Pontevedra FLÚOR, o Congreso Atlántico de Marketing dixital.

Durante a xornada do xoves e venres, os asistentes poderán asistir ás conferencias e mesas redondas con máis de 20 profesionais sobre Negocio Dixital, Publicidade Dixital e Branding e Social Media, así como gozar de talleres formativos de diferentes temáticas e espazos de networking . Con iso, o congreso ofrece a empresas, negocios online e marcas, as técnicas e estratexias dixitais máis eficaces para conectar cos clientes na internet.

Todos os asociados a AEMPE poden gozar dun prezo especial nas entradas ao Congreso cun 35% de desconto. Á hora de realizar a compra de entradas, só é necesario incluír o código AEMPEFLUOR para obter este desconto.

Para a compra de entradas, acceda a este enlace

Artigos recentes