en Axenda

O pasado día 26 de novembro tivo lugar un novo acto de Foro Empresa organizado por AJE e AEMPE. Asociacións empresariais e empresarios da cidade e comarca tiveron a oportunidade de debater sobre a importancia das empresas familiares en Galicia.

Durante a velada, Víctor Nogueira, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar relatou na súa intervención as necesidades deste colectivo clave para o futuro económico galego.

“Resistimos mellor as crises e tamén as deslocalizacións”

Na súa reflexión citou os “deberes” destas empresas que, ao seu xuízo, pasan por imprimir unha maior cultura corporativa nas organizacións, conceder máis importancia ao tamaño das mesmas e, sobre todo, resolver de maneira exitosa a sempre difícil tarefa das sucesións –só 1 de cada 10 ten un protocolo familiar establecido, un plan de sucesión tranquilizador para investidores, provedores ou clientes–. Estes tres factores, unidos á importancia de formar cada vez máis e mellor aos cadros directivos, son as claves dun bo goberno nestas sociedades.

Coidar ás empresas familiares en Galicia é coidar ao 86,3% do emprego da comunidade, ao 92,4% do seu tecido industrial e ao 57% do PIB autonómico. A galega é a terceira rexión española con máis sociedades familiares, unhas firmas que dan traballo directo a 370.910 persoas e facturan por encima dos 22.300 millóns de euros.

Foro Empresa noticia

Fonte: Diario de Pontevedra

Artigos recentes
Almorzo Plan de igualdade